[YG Conlang Archives] > [romconlang group] > messages [Date Index] [Thread Index] >
Auxilinguas en serio. Hai xa moitas listas sobre linguas auxiliares planificadas. ¿Por que unha máis? Por seriedade. E por reivindicación do uso científico do galego no ámbito internacional. A maioría das listas sobre linguas auxiliares, ou ben se trata de listas do esperantismo, unha seudociencia fanática e agresiva, ou ben se trata de listas en inglés onde raramente se usan as linguas auxiliares, quedando esas listas en disertación banal por medio exclusivo do inglés, onde se consideran as linguas auxiliares como un pasatempo inútil. Fronte a todo isto, na lista Auxilinguas en serio reivindicamo-la seriedade e a utilidade das linguas planificadas auxiliares, como alternativa ás difíciles e nada neutrais linguas nacionais no eido internacional. Por iso esperamos dos participantes que non fagan algo tan baleiro como falar delas en inglés (cousa que é perdé-lo tempo), usando en cambio a lingua habitual de cada participante, e sobre todo usando linguas planificadas auxiliares. Iso si, a lista non admite favoritismos nin inmovilismos a favor do esperanto ou algunha outra lingua planificada, mantendo o seu carácter de lista científica neutral para a auxilingüística, sen partidismo político ou relixioso. E, fronte ós que dicen que o inglés (ou o castelán) son as linguas científicas serias, reafirmamos que o galego ten un valor comunicativo universal, sen que nos usos científicos internacionais teñamos por que supeditar absurdamente o galego ó inglés. Na ciencia de investigación básica, ¡galego sempre! O galego é o esperanto natural das linguas neolatinas, por se-la ponte entre o castelán, o portugués e o brasileiro, abarcando así á maioría dos falantes de linguas romances; por outra parte, o seu relativo arcaísmo fai fácil o recoñecemento para os falantes doutras linguas románicas como o italiano ou o rumanés. A este bó punto de partida cómpre engadí-la sua riqueza en raíces semánticas occidentais moi internacionalizadas, e o seu carácter historicamente non imperialista. Todo isto fai ó galego moi apto para a ciencia neutral internacional, i en particular para a lingüística de linguas planificadas auxiliares. Amais, ten unha tradición cultural e popular de séculos. Enderezo da rolda: http://es.groups.yahoo.com/group/auxilinguas/. [Non-text portions of this message have been removed]